EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras pon en marcha a vendima galega

Adiántase a recollida de uva un par de semanas antes do habitual

Non é a primeira vez que se empezan a recoller as uvas valdeorresas en agosto, pero normalmente facíase a finais deste mes. Valdeorras volve a abrir a vendima galega e faino desta volta varias semanas antes do habitual, en pleno 14 de agosto.

A finais da segunda semana de agosto entraba no Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras a primeira das solicitudes para iniciar a recollida da colleita dunha das adegas amparadas por este órgano. Trátase da adega María Teresa Núñez Vega, de Petín.

Polo de agora nas outras denominacións de orixe ourensás (Monterrei, Ribeiro e Ribeira Sacra) non hai data concretada para o inicio da vendima.

Artigos relacionados

Back to top button