ConcellosEntroidoÚltima hora

Da cachuchada ao concurso de comparsas no Entroido de Allariz

O Concello repartirá premios en metálico no desfile do Martes de Entroido

ENTROIDO 2015.cdr

Cunha festa infantil no pavillón do Instituto (17h.) e a cachuchada no Campo da Barreira (21:30h.) previstos para o luns 16 de febreiro, arrancará o Entroido no concello de Allariz. A cita gastronómica contará cun menú a base de cocido, cachucha, lacón, touciño, pan e viño, bica e licor que poderá degustarse por 10 euros que custa a entrda.

Ao día seguinte, Martes de Entroido (17 de febreiro) terá lugar o acto central da fesa no concello alaricano: o desfile de comparsas, previsto para as 17:30h. dende a estrada de Xunqueira (á altura do CEIP), co acompañamento musical da charanga Sorcha de Ribadavia e a batucada Axóuxeres de Allariz. Ao remate, no pavillón do Instituto, haberá baile con música a cargo dun dj.

Para participar no desfile, os interesados poderán anotarse na Casa da Cuñltura ata o 13 de febreiro. Con respecto aos premios, haberá un primeiro de 200 euros; un segundo de 150 euros; un terceiro de 100 euros; e un cuarto de 50 euros para comparsas a partires de dez compoñentes. Para premialas, o xurado valorará a orixinalidade, a elaboración, a escenificación do difrace e o acompañamento musical.

O programa no concello de Allariz pecharase o mércores 18 de febreiro ás 20h. na praza Maior co Pranto do Entroido e a queima do meco no campo dos Brancos.

Artigos relacionados

Back to top button