CulturaCulturaÚltima hora

Da fauna á escultura

Conferencias e xogos populares na XXI Semana Cultural de Vilanova (O Barco)
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Mónica G. Bellver
Foto: Mónica G. Bellver

Un ano máis e xa van vinteún, o local social de Vilanova (O Barco de Valdeorras) acolle o ciclo de conferencias organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro con motivo da Semana Cultural.

A primeira das charlas, celebrada o sábado 3 de agosto correu a cargo de José Fernández Pérez de Vilamartín, quen falou sobre as distintas especies de anfibios e reptis catalogados na comarca de Valdeorras. Para a segunda conferencia celebrada o luns 5 de agosto, Vilanova contou coa presenza de dous membros da directiva do Club de Espeleoloxía Águilas Verdes de Rubiá, Javier Fernández e Manuel Franco, que fixeron unha exposición e iniciación á espeleoloxía amosando a través de imaxes, algunhas das espectaculares covas, moitas delas na comarca, que teñen percorrido.

A terceira e última conferencia do ciclo celebrarase esta tarde, 8 de agosto a partires das 21h. e correrá a cargo de Rosa Escuredo Escuredo quen disertará sobre “Pepe de Barrio-Escultor de Lamalonga (A Veiga)”.

A maiores das conferencias, a Semana Cultural completouse con xogos populares para os nenos (ping pong, dardos, concurso de debuxo, piñata e baile das sillas), así como unha exposición de pezas de artesanía feitas en pizarra por Domingo Malvesada Tato.

Texto: Mónica G. Bellver

(Máis información e fotos na edición do setembro do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button