En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Da forza da auga ao poderío branco da neve

Un vehículo que subía á estación de montaña de Manzaneda quedábase atastacado na neve

En apenas unhas horas a provincia ourensá pasaba dunhas continuas e fortes chuvias a unhas intensas nevadas o 14 de febreiro que se facían sentir de xeito especial nos cumes máis altos de Ourense e de Galicia. Así sucedía en Cabeza de Manzaneda, onde está situada a única estación de montaña da comunidade, feito que atraía a numerosas persoas ao longo de toda a xornada.

A pesar dos esforzos de entidades como Protección Civil de Manzaneda, que realizaba limpezas (mañá e tarde) na estrada de acceso á estación con maquinaria e botando sal, a neve branca e a ventisca complicaban as cousas. Dos 1.000 metros para arriba a temperatura acabada os dous graos baixo cero e había tamén moita neve.

De feito, houbo vehículos que tiveron problemas para circular e que, malia á recomendación de usar cadeas debido ás complicadas condicións meteorolóxicas, subían sen telas postas. Foi o caso dun coche que quedou atascado na neve e que mobilizaba aos voluntarios de Protección Civil de Manzaneda e á Garda Civil de Trives que se ocupou ademais do restablecemento da circulación. Para este incidente de circulación o 112 tamén mobilizaba ao GES de Castro Caldelas que finalmente non chegou a intervir por terse xa solucionada a situación.

Noutros puntos do municipio de Manzaneda tamén se estiveron facendo labores preventivas do estado dos accesos ás aldeas mais altas do concello por mor da neve. “Non houbo incidentes e estiveron transitables ao longo de todo o día”, explican dende Protección Civil.

Fotos cedidas por Protección Civil de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button