En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O son da gaita envolve Cabeza de Manzaneda

O VIII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas contou coa presenza do Folión de Buxán

Pechando o mes de xullo, Cabeza de Manzaneda acollía un ano máis o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. O programa abríase o sábado 29 de xullo coa Noite Celta na Estación de Montaña e xa o domingo día 30 pola mañá, tiña lugar a VIII edición do concurso musical.

Primeiro actuaron as do 2º grao: Concello de Vilariño de Conso (Sénior), Flariz-Monterrei, Concello de Riós, Ladies Band, Preparatorio e Municipal de Chantada; e despois as do 1º grao: Concello de Monforte de Lemos e Real Xuvenil. E entre medias, diferentes actividades que completaron o evento, como a exhibición feita polo Folión de Buxán, o concurso de gaiteros solistas e a ofrenda floral a D. Gabino García coa actuación da Banda de Gaitas do Concello de Manzaneda.

Durante a entrega de medallas e distincións, a cargo das autoridades presentes (o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez, o deputado galego, Davide Rodríguez; e o director de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín), fíxose unha homenaxe ao periodista radiofónico Luis Rial entregándose ademais unha distinción ao Centro Galicia de Ponferrada.

O acto remataba con todas as bandas tocando a marcha do Antigo Reino de Galicia, pero a xente aínda quedaba xantando na contorna, nalgún dos moitos merendeiros que hai na zona. Ademais, entre os postos ambulantes estaban presentes panaderías da zona con Bica e outros doces á venda.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button