ConcellosÚltima horaVilamartín

Da historia de Ruiz Padrón á vida no Castro de Valencia do Sil, nun novo ‘Paseo con Historia’ por Valdeorras

Na actividade organizada dende a oficina de turismo da Rúa que se celebraba nesta mañá de domingo, participan trinta persoas

Publicidade

 

Diante da igrexa parroquial de Vilamartín de Valdeorras, coñecendo retazos da historia de Antonio José Ruiz de Padrón (crego canario e abade de Vilamartín cuxa intervención nas Cortes de Cádiz foi clave para a abolición da Santa Inquisición), arrancaba na mañá deste domingo 26 de xuño un novo ‘Paseo con Historia’ organizado pola Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa.

 

Guiados coma sempre por Luis Carrón (que se encarga da parte histórica da ruta) e Soledad Figueroa (respondable da parte vitivinícola), pasadas as 10 da mañá os trinta camiñantes inscritos comezaban a andaina duns 8 quilómetros, rumbo ao Bañadoiro. De aí seguirían o camiño de ascenso ata o Castro de Valencia do Sil coa colaboración do arqueólogo Santiago Ferrer para explicar aos asistentes como era a vida neste espazo.

Esta actividade contou tamén coa colaboración da Asociación de Veciños O Castro de Valencia do Sil, que abría unha cova tradicional aos camiñantes para poñer fin á andaina coa degustación dun viño da Adega D’Berna e empanada dunha das panaderías de Vilamartín.

 

Fin da ruta nunha adega de Valencia do Sil./ Foto cedida.

 

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as catro últimas da galería que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button