CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Da malla ás ferreñas, en Viana do Bolo

Veciños de Punxeiro e Quintela de Pando recrearán ademais a malla na noite prevista para o 23 de agosto en Viana
Danza na tarde das ferreñas do pasado ano en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.
Danza na tarde das ferreñas do pasado ano en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Oito anos despois de que a Noite das Ferreñas botase a andar no mes de agosto, co obxectivo de animar as noites na vila apostando pola tradición rural e unha cultura case esquecida, o ano pasado a asociación de mulleres rurais Bibei de Viana do Bolo, decidía dar un paso máis e organizar a recreación dun fiadeiro (reunións en casas labregas para fiar que se convertían en auténticos centros de reunión e diversión, xerme dun rico folclore e tradición cultural), antes do encontro e actuación de cantareiras e pandereteiras de toda a provincia de Ourense.

Neste ano 2014, no que a Noite das Ferreñas cumple o décimo aniversario, a iniciativa dá outro paso e nesta ocasión, será a recreación da malla tradicional, a que abra o programa previsto para o sábado 23 de agosto.

En torno ás 18h. na praza Maior de Viana do Bolo, os veciños de Punxeiro e Quintela de Pando, serán os encargado de representar este tradicional labor agrario, coma o facían os antigos labregos.

Xunto coa sega da planta e o limpado dos grans, a malla é un dos labores do conxunto de traballos que conforma a seitura ou colleita dos cereais.

Texto: Mónica G. Bellver
Máis información na edición en papel do Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button