CulturaCulturaÚltima hora

Polo Século de Ouro español da man de Mofa e Befa, no Barco

O Teatro Lauro Olmo acollerá o venres 4 de marzo a función “Bobas&Galegas”, escrita e dirixida por Quico Cadaval
Cartaz desta obra que poderá verse no Teatro Lauro Olmo do Barco.
Cartaz desta obra que poderá verse no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Desde a perspectiva de dous criados galegos e en verso, “Bobas&Galegas” é unha viaxe en clave de comedia e co singular selo de Quico Cadaval polo Século de Ouro español. Os seus protagonistas son os cómicos Mofa&Befa, Evaristo Calvo e Vitor Mosqueira, que transitan polos vieiros do século XVII castelán. Esta obra representarase o vindeiro 4 de marzo ás 21h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Está escrita e dirixida por Cadaval, quen se apoia sobre textos de Calderón, Lope, Benavente e Zamora para facer abrollar o enxeño e a picaresca de dous criados vagabundos. As entradas (5 euros) estarán á venda na billeteira do TLO desde unha hora antes.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close