CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Da música de Mozart á de Schumann, no Barco

A pianista serbia Sara Marianovich deu un recital no Teatro Lauro Olmo do Barco

No ano que a pianista serbia Sara Marianovich leva vivindo no Barco de Valdeorras, xa protagonizado diferentes actividades: cursos, clases maxistrais e tamén concertos. O último tiña lugar na tarde-noite do venres 20 de novembro.

Pasaban das oito cando a intérprete aparecía sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo para sentarse ao piano de cola que ocupaba a parte central. Con firmeza, garra e concentración, Sara Marianovich comezaba o recital coa “Fantasía en Re menor K.V. 397” de W.A. Mozart. De seguido tocáballe o turno a outro mestre, L. van Beethoven con “Sonata Op. 27 nº 2 Claro de Lúa”. Tamén interpretou a “Fantasía-Impromptu Op. 66” de F. Chopin, deixando para o final a R. Schumann e os “Estudos Sinfónicos en forma de variacións Op. 13”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button