CulturaMúsica

Da noite celta ao certame de bandas

Cabeza de Manzaneda acollía o día 18 de agosto o IV Campionato Celtibérico de Bandas de gaitas
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Non eran as súas datas habituais, pero aínda así músicos e público responderon ao IV Campionato Celtibérico de Bandas de gaitas “Memorial Gabino García”. Estaba previsto para finais de xullo, pero aprazouse debido ao tráxico accidente de Santiago. Así Cabeza de Manzaneda convertíase en agosto en escenario deste encontro musical. O seu limiar foi a noite celta, o 17 de agosto.

Ao día seguinte, 18 de agosto, comezaba ás 11 h. o certame propiamente dito coas bandas de Flariz-Monterrei, O Carballiño&Os Trabazos, do Concello de Riós, do Concello de Xunqueira de Ambía e Preparatorio. Os finalistas no concurso de solistas foron a Real Xuvenil e a do Concello de Manzaneda. O programa completábase coa actuación do gaiteiro Óscar Ibáñez, que presentaba o seu último disco, e coa homenaxe e ofrenda floral a Gabino García.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button