OurenseÚltima hora

Dá positivo por coronavirus un segundo condutor do transporte urbano de Ourense

Segundo informan dende a empresa concesionaria "ámbolos dous están de baixa e controlados, mentres que catro, que estaban nesas dúas quendas, seguen en corentena"

 

A empresa concesionaria do transporte urbano de Ourense vén de comunicar que un segundo condutor deu positivo por coronavirus, polo que “de inmediato foi relevado e se atopa de baixa e controlado, toda vez que no primeiro caso se procederan a realizar as probas correspondentes”. Así mesmo, atópanse en corentena catro traballados, tres que formaban parte da quenda, e un cuarto, aos que tamén se lles procedeu a realizar probas, permanecendo á espera dos resultados, segundo explica o concelleiro de Infraestruturas e Transporte de Ourense, Miguel Caride, logo de reunirse co xerente da concesionaria do servizo, José María Díaz.

Neste sentido,Concello e empresa explicaron que “se está valorando realizar a proba a todo o persoal, unha decisión que se adoptará logo de que se conte cos resultados das que se realizaron aos afectos, tanto aos dous compañeiros que se atopan de baixa como aos catro en corentena, como medidas sanitarias establecidas”.

Mentres, e coa intención de evitar calquera tipo de alarma, lembran que coas medidas establecidas para o uso do transporte público “non existe ningún tipo de contacto entre os condutores e os viaxeiros, polas medidas de seguridade que se adoptaron dende a declaración da situación de alerta”. Así, existe unha separación de uns catro metros entre o condutor e o primeiro viaxeiro, zona delimitada por unha cinta de seguridade, ademais de que o acceso o autobús se leva a cabo pola parte traseira, e todo usuario ten que utilizar obrigatoriamente máscara protectora. Ademais, todos os vehículos son desinfectados despois da cada viaxe que realiza o vehículo.

 

Artigos relacionados

Back to top button