CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Da Serra da Enciña da Lastra ata Ponte Bibei, na V Andaina pola Via Nova

Unhas 25 persoas sumábanse á quinta edición da Andaina pola Via Nova romana. Algunhas eran da propia comarca de Valdeorras, pero había tamén participantes doutros puntos de Galicia e mesmo de Portugal. Partían en torno ás dez da mañá dende Vilamartín para dirixirse cara o tramo desta calzada romana de máis de 2.000 anos que aínda se conserva na Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). Seguindo as indicacións e os comentarios dos arqueólogos Antonio Rodríguez Colmenero e Santiago Ferrer, os camiñantes ían descubrindo as singulares desta estrada romana ao seu paso pola comarca de Valdeorras.

Ao mediodía facíase un alto para xantar no Hotel Restaurante Calzada de Arcos (Vilamartín). Durante a tarde proseguían o traxecto achegándose ata puntos da vía tan significativos e interesantes como a Ponte Bibei, unha das escasas pontes integramente romanas que se conservan na península. Esta iniciativa ten sido promovida, un ano máis, pola Fundación Aquae Querquennae/Via Nova e polas Cámaras municipais de Amares e Terras de Bouro (Portugal).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button