Galerías de fotosÚltima hora

Dama & Caballero Ourense 2014

Andrea Martínez e César Varela representarán á provincia nos certames nacionais

Valdeorras, A Limia, O Carballiño e Monterrei. Unha a unha, as comarcas da provincia de Ourense ían elexindo aos seus representantes para a gran final do certame Dama & Caballero Ourense 2014, que se celebraba na noite do 7 de agosto na capital ourensá.

En pleno centro da cidade, no parque de San Lázaro, comezaba pasadas as nove da noite a gala na que se elexía á Dama e ao Cabaleiro Ourense 2014. Era moita a expectación e nos momentos previos á elección, os nervios estaban a flor de pel. Non só para os protagonistas (16 rapazas e 15 rapaces) senón para as súas familias, pais, avós, irmáns, e tamén amigos que esperaban con impaciencia o momento decisivo.

No xurado e entre o público, había representantes do comcercio, da sociedade e da política ourensá, entre eles o propio alcalde, Agustín González.

E por fin, tras case dúas horas de gala, e tres pases dos aspirantes (con roupa informal, de baño e de festa) o xurado daba a coñecer aos gañadores. Andrea Martínez Fernández é a Dama Ourense 2014 que representará á provincia no certame nacional de Dama de España que se celebrará en setembro en Sevilla. Pola súa banda, César Varela Gárate é o novo Cabaleiro de Ourense.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button