ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Dando vida a monicreques en Trives

Cada un dos personaxes creados polos nenos do obradoiro cobrará vida sobre o escenario na representación “Poliño, un conto de Nadal”, que terá lugar esta tarde na biblioteca

Entre cores, diversos materiais como algodón e papel e moita creatividade e imaxinación se desenvolvía a primeira das dúas xornadas do obradoiro de monicreques de Trives, que comezaba na tarde do 26 de decembro no Museo da Escola e Infancia desta vila.

Acudían numerosos nenos, nalgúns casos acompañados polos seus pais e nais. Entre todos creaban diversos personaxes que logo cobrarán vida sobre o escenario coa obra “Poliño, un conto de Nadal”, onde os nenos son os verdadeiros protagonistas.

Esta singular representación terá lugar este xoves, día 28, ás 16:30h. na Biblioteca Municipal. Esta iniciativa forma parte da programación de Nadal do Concello de Trives.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button