CulturaCulturaÚltima hora

Daniel Guzmán presenta no Festival de Cans o seu último filme

O día 22 terá lugar a estrea do documental “Torre de Breoghán” de Jorge Coira
O director de cine Daniel Guzmán.
O director de cine Daniel Guzmán.

Entre proxeccións, coloquios, presentacións e actuacións musicais estase a desenvolver a 13ª edición do Festival de Cans, cuxo programa se prolongará ata o vindeiro 23 de maio nesta localidade pontevedresa. Entre as referencias do programa para a xornada do 21 de maio está o novo traballo de Daniel Guzmán, “A cambio de nada”, unha historia de amizade interxeracional. E con ela xurde unha das primeiras sorpresas desta edición do certame, a presenza de Luis Tosar, que ten un papel protagonista no filme.

Na presentación da película, Guzmán estivo acompañado polos produtores Farruco Castromán (Zircozine) e César Rodríguez (La Competencia), ademais de pola presidenta do Círculo Recreativo María José Giráldez e o director do festival Alfonso Pato. César Rodríguez sinalaba que lles resultou doado convencelos para vir a Cans porque están rodeados de moita xente afín ao festival. “Dani e eu fixemos catro series de televisión xuntos, colaborei con el na súa primeira curta e agora no seu primeiro filme; temos moi bo feeling porque as noas inquedanzas son similares”.

Alfonso Pato lembraba na súa intervención que Daniel Guzmán procede do mundo das curtametraxes, “algo con moito valor para nós, posto que é a nosa aposta particular”. E o director de “A cambio de nada” aludía á súa boa relación con Galicia, onde rodou o documental “Mar de fondo” sobre o desastre do Prestige.

Cartaz do Festival de Cans, que comezaba o 20 de maio.
Cartaz do Festival de Cans, que comezaba o 20 de maio.

Os actos do festival continuará mañá con 22 de maio con coloquios e proxeccións, coa estrea do documental “Torre de Breoghán” sobre o último espectáculo de Luar na Lubre, dirixido por Jorge Coira. Ademais, despois do pase da película algúns membros deste grupo galego folk darán o primeiro “concerto na placa”.

Ademais “Na Noite de Estrea” farase entrega do Premio Pedigree ao actor Javier Gutiérrez, que colocará a súa estrela no Torreiro, e dos Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” a Juan Maceira e Alfonso Zarauza. O apartado musical de mañá estará protagonizado polo concerto de Sidonie e a sesión DiscoChimpín de Ángel Carmona

Artigos relacionados

Back to top button