CulturaCulturaÚltima hora

Daniel Minimalia, primeiro artista galego gañador dun Grammy Latino

O músico e compositor ourensán, gañador no 2020 na categoría de mellor álbume instrumental, foi recibido polo subdelegado do Goberno en Ourense

O músico ourensán Daniel Minimalia co subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González.

 

Na mañá deste venres 16 de abril o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recibía no seu despacho ao músico e compositor ourensán Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020 na categoría de mellor álbume instrumental polo seu traballo Terra e do Hollywood Music in Media Awards 2021 á mellor canción de pop/rock latino por Flor de Leyenda, un tema do mesmo álbume.

Durante o encontro, Emilio González transmitiulle os parabéns no nome do Goberno de España e no seu propio e mostrou a súa “enorme satisfacción” por poder felicitar, tanto como ourensán como en calidade de subdelegado, “ao primeiro artista galego gañador dun Grammy Latino e o primeiro español en ter dous Hollywood Music in Media Awards”.

O subdelegado do Goberno destacou a traxectoria profesional de Daniel Minimalia, autor de cinco álbums e gañador dun Grammy Latino, dous Hollywood Music in Media Awards e unha medalla de prata nos Global Music Awards, salientando que o músico e compositor ourensán “está considerado actualmente como un dos referentes mundiais da guitarra e da composición”.

Artigos relacionados

Back to top button