ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Danos polo vento nos municipios de Manzaneda e Trives

Danos nunha marquesiña no municipio de Manzaneda./ Foto: Protección Civil de Manzaneda.

 

As fortes rachas de vento que se rexistraban os pasados días causaban danos no municipio de Manzaneda, con caídas de farolas e doutros elementos como marquesiñas, que mobilizaban á súa agrupación de voluntarios de Protección Civil.

 

Farola caída no municipio de Manzaneda./ Foto: Protección Civil de Manzaneda.

 

Tamén no veciño concello da Pobra de Trives o vento producía danos en farolas e caídas de ramas na estrada, entre outras incidencias, o que tamén obrigaba a intervir ao persoal do Concello e de Protección Civil deste municipio.

 

Danos do temporal en Trives./ Foto: Concello de Trives.

 

Efectos do vento en Trives./ Foto: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button