CulturaCulturaÚltima hora

“A danza da choiva” chega ao Teatro Lauro Olmo do Barco o 30 de decembro

Este espectáculo de Elefante Elegante, dirixido a un público familiar, poderá verse ás 20h.

 

 

Agardan que veña a chover, pero iso non sucede. Pasa un mes, unha estación, un ano. E segue sen caer unha gota de auga do ceo. Todo está seco. A esta situación enfróntase  os personaxes de “A danza da choiva”, un espectáculo xestual que a compañía O Elefante Elegante porá en escena o venres 30 de decembro ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

 

Esta peza, recomendada para un público infantil e familiar, plantexa unha seria problemática medioambiental dun xeito orixinal, ameno e divertido. “A Danza da Choiva narra cunha linguaxe visual, corporal e poética, como o cambio climático está a transformar a realidade de moitas persoas en diferentes lugares do planeta”, en palabras de O Elefante Elegante.

Esta representación está incluída no programa de Nadal do Concello do Barco.

Fotos cedidas por O Elefante Elegante.

Artigos relacionados

Back to top button