EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Danza e música na apertura da “VI Noite Branca” do Barco

Dende a praza do Concello arrancaba a partir das oito da tarde a “VI Noite Branca” do Barco, unha iniciativa promovida polo Centro Comercial Aberto para dinamizar o comercio da vila con actividades de animación, degustacións e descontos en 34 establecementos, ademais de prolongar o horario de apertura ata a medianoite.

O programa abríase cunha exhibición de danza, pero antes interviña a vicepresidenta da entidade, Ángeles Rodríguez, quen expresaba o seu agradecemento aos hostaleiros e comerciantes participantes, así como á Academia de Danza Bayadère e á Policía Local e Protección Civil, aos que “lles encomendamos a tarefa, nada doada, de velar por que nesta noite todo transcorra con normalidade”. Xunto a ela, a concelleira de Comercio do Barco, Irene Dacal, destacaba o dinamismo do comercio barquense e o seu peso económico.

A partir de aí dábase paso á danza da man de varios grupos de alumnas da Academia Bayadère, que interpretaban diversos estilos clásicos e modernos. Logo comezaba a soar o ritmo das charangas Fuego e Támega e poñíase en marcha esta noite de festa e descontos no comercio barquense.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/ao-ritmo-das-charangas-entre-degustacions-e-descontos-nunha-exitosa-noite-branca-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button