A RúaÚltima horaVídeos

Danza e música no paseo do Aguillón, na Rúa

VACAburra presentaba os seus "Extravíos" e Aída Colmenero "Conxurando o invisible"

 

Nun marco incomparable, co paseo do Aguillón e o encoro de San Martiño de fondo, na tarde deste domingo 8 de agosto, celebrábase na Rúa un espectáculo de danza e música enmarcado no programa  Propulsa que busca poñer en valor a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a partir das artes do movemento.

 

Actuación de VACABurra no Aguillón.

 

Primeiro, ante un atento público aparecían en escena os membros de VACAburra cos seus Extravíos, unha peza de danza acompañada por unha orquestra de ukeleles que se presenta como un garabato musical para sete intérpretes. Trátase dunha creación en forma de viaxe sonora danzada, itinerario extraviado polo corpo e pola música e o encontro singular de dous colectivos de creación VACAburra e Ukestra do Medio.

 

Aída Colmenero co Encoro de San Martiño de fondo.

 

E de seguido viá o prato forte. Ao son da Banda de Gaitas de Abertal, Aída Colmenero poñía en escena o seu espectáculo Conxurando o invisible, “un mantra de respecto aos que rezan coas voces e presenzas ascentrais, ademais de recuperar elementos do patrimonio inmaterial da tradición cultural galega”.

O espectáculo forma parte do programa das Festas de Verán na Rúa que hoxe vive o día grande con pasarrúas da charanga TDB e o concerto de Disney Gisela Kids a partir das 22:30 horas no Aguillón.

 

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button