OurenseÚltima hora

A danza internacional cítase no Claustro de San Francisco

O grupo de danza do festival SoloDos.

O Claustro de San Francisco, espazo con máis de 700 anos de historia, acollerá os mellores artistas de danza contemporánea do momento. Será no marco do festival de Danza do Claustro SóloDos 2017, que se desenvolverá o xoves 15 e venres 16 de xuño con entrada gratuíta. “Trátase dunha proposta escénica exclusiva para o Claustro de San Francisco, un espectáculo de danza con artistas internacionais e locais, que farán que a visita ao Claustro sexa un evento único”, dixo Maruxa Salas.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, animou a todos os ourensáns a pasar “por este marabilloso espazo a gozar con este innovador e contemporáneo espectáculo”. Entre os artistas que pasarán polo Claustro, están Esther Latorre, Hugo Pereira, César Ibarra, Daniela Vázquez, Noemí Sánchez, Elisa Medina ou a xaponesa Emi Ogura, que interpretará “Madamme Butterfly”, unha performance na que mesturará “audacia e modestia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button