En portadaEntroido 2022Galerías de fotosÚltima hora

Danzas de Mázcaras para escorrentar a chuvia na vila de Manzaneda

 

Neste Martes de Entroido a choiva aparecía como convidada inesperada en Manzaneda. Pese a iso, a tradición cobraba vida e, tras a tradicional petición de permiso en verso, desta volta formulada polas Mázcaras do Fulión da parroquia de San Martiño, soaban as chocas e, inmediatamente despois, o trepidante ritmo do seu fulión.

Comezaba así, dende a zona do colexio, unha longa ronda que percorría a vila. Ademais, este folión facía a súa habitual visita á residencia de maiores, desta volta tocando dende o exterior das cancelas, levando así a festa aos seus residentes.

Tras o fulión de San Martiño saía o da Mourela p’acá, precedido así mesmo polos incesantes bailes das Mázcaras e, a continuación, o da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso. Tras pasar pola zona antiga da vila, onde facían un par de paradas para descansar e recuperar forzas con alimento e bebida, a ronda volvía ao punto de partida.

 

 

Para organizar o tráfico e velar pola seguridade neste desfile, organizado polo Concello de Manzaneda, contábase coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, da Rúa e de Trives.

Fotos da galería: Ángeles Rodríguez, agás a última cedida por Protección Civil de Manzaneda.

 

Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, A Rúa e Trives.

Artigos relacionados

Back to top button