A piques de comezar a tempada 2019/2020, o Club MV Barco recibía unha importante nova. Un dos seus xogadores de base Darío Gil, foi elixido para formar parte da selección ourensá na categoría alevín. Tal como avanzan dende o club, xa foi chamado a participar en dinámica de selección noutras ocasións e nesta volta disputará dous partidos en Compostela este sábado 12 de outubro contra as seleccións da Coruña (9:30h.) e Santiago (15:30h.) “Estamos moi contentos xa que significa que o noso xogador leva una evolución positiva dentro do club”, asegura a responsable Patricia Gómez.
Con respecto ao equipo júnior masculino, comezará a tempada este sábado 12 de outubro ás 10h. en Maside. Formará parte dun grupo de 7 equipos e desde o club teñen espectativas de que “será un equipo que esté ao pé del canón e competirá”, asegura Patricia. Unha semana máis tarde arrancará a liga para o cadete masculino fronte a Maristas. “Son 15 equipos en total, divididos en dous grupos e a tempada preséntase moi competitiva”.
Por último, o equipo sénior masculino de 2ª división autonómica comezará a liga visitando ao Allariz. Divididos en dous grupos, norte e sur, competirán por proximidade xeográfica nunha primeira fase e despois os mellor posicionados de cada grupo enfrontaranse entre si.