EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Das oliveiras ás mesas

A XV Mostra do Aceite de Quiroga reunía a seis colleiteiros deste concello lucense

Descubrir, saborear e mercar o aceite elaborado en Quiroga é posible cada primavera na mostra que se celebra en Bendilló. Un certame que o 16 de maio cumpría a súa quince edición, a segunda dende a súa declaración como festa de interese turístico galego.

Numerosas persoas se achegan ao longo da xornada para visitar o recinto feiral, no que se podía degustar e mercar o aceite de seis colleiteiros quirogueses. Ademais, había postos con outros produtos típicos de Quiroga como mel, licores ou marmeladas, así como de xoguetes artesáns, entre outros. Ao mesmo tempo podía desfrutarse de degustarse polbo e churrasco.

Ao mesmo tempo, os visitantes da feira podían descubrir cómo era a elaboración artesanal de aceite nesta zona. Dende as 11:30h. funcionaba o antigo Muíño de Bendilló, cuxa maquinaria se move impulsada por unha burra. E ao carón deste muíño, na Capela das Farrapas, tiña lugar ás 12h. unha cata dos aceites participantes na mostra. E no entorno da mostra o público tamén se sorprendía e fotografaba cunha parella de bois.

Nesta edición da Feira do Aceite de Quiroga o ambiente estivo asemade animado por unha serie de actuacións de baile e de música tradicional galega da man do grupo de danza San Martiño, do grupo de gaitas “O Recanto” e da Banda de gaitas “San Martiño” de Quiroga. Esta XV Mostra do Aceite de Quiroga ten sido organizada polo Concello en colaboración coa Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia e coa Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Texto: A.R.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button