Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Dase a coñecer a candidatura do PP en Allariz ás municipais

A número un da lista é a actual portavoz municipal, Luz Doporto

Candidatura do PP ás municipais en Allariz, con Manuel Baltar.
Candidatura do PP ás municipais en Allariz, con Manuel Baltar.

Cunha marcada vocación de goberno, “a capacidade, o mérito e a igualdade serán a nosa marca persoal para acabar cos contratos a dedo no Concello de Allariz”. Así o aseguraba Luz Doporto, candidata á alcaldía de Allariz polo PP nas eleccións municipais do 24 de maio. Facíao na presentación da candidatura do PP, celebrada na mañá do 19 de abril na Casa da Cultura alaricana.

A lista coa que o PP concurrirá ás municipais neste concello ourensán está formada por: 1. Luz Doporto Real, 2. José Daniel Rodicio Pérez, 3. María del Carmen Pérez González, 4. Miguel Ángel Rodríguez Rodríguez, 5. María Consuelo Álvarez Mosquera, 6. José Antonio Cid Vila, 7. José Manuel Quintairos Calviño, 8. Celia Feijóo Piñeiro, 9. José Ángel Grande Nóvoa, 10. María Inés Gulín Abadín, 11. Beatriz Bueno García, 12. Alberto Conde Ferro, 13. Javier Cid Cid. E como suplentes: Faustina López Gulín e Antonio Rodríguez Miranda.

No acto participaba tamén o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, que sinalaba que que “o PP de Allariz ten equipo e ten programa, dúas claves para acadar os mellores resultados o 24 de maio”.

Artigos relacionados

Back to top button