DeportesÚltima hora

David Álvarez imponse no trail longo do Gran Premio de Montaña da Rúa

No trail curto desta cita, desputada o 9 de outubro, dominaba o podio o Club Adas
Vista panorámica da carreira./ Foto: Club Atletismo Rúa.
Vista panorámica da carreira./ Foto: Club Atletismo Rúa.

Medio cento de participantes tomaban parte nas dúas distancias de trail do Gran Premio de Montaña da Rúa, que se desenvolvía o 9 de outubro nun circuíto caracterizado pola súa gran dureza. Na distancia longa, de 26 kms, vencía David Álvarez (Salomona Trail) ao completar o trazado nun tempo de dúas horas 53 minutos e 42 segundos. A segunda posición quedaba en mans de Fernando Álvarez Gracía (Korpore Arenteiro Trail), que entraba en meta seis minutos despois. O terceiro posto quedaba en mans de Feliciano García Sanmamed (Veteranos Ourense).

No caso do trail curto, de 16 km, dominaban claramente os atletas do Club Adas. Así ganaba o barquense Iván Fernández Rodríguez (1h.34’38”), seguido de Raúl Rodríguez Ibarra e de Hugo Sánchez Gil. O cuarto posto conseguíao o tamén barquense Marco Rodrigues (Club Fluvial Barco).

Dende a organización, en mans do Club Atletismo Rúa, faise un balance positivo da cita e destácase o amplo número de participantes de fóra da comarca de Valdeorras. Os corredores subliñaban, á súa vez, a dureza do percorrido pero tamén as “impresionantes vistas” do mesmo.

Artigos relacionados

Back to top button