Publicidade
PolíticaÚltima hora

David Bruzos, candidato por Ourense de Galicia en Común afirma que “este é un día importante que vai marcar o futuro do país”

Exerceu o seu dereito ao voto no colexio electoral de Velle, ás 11:00 horas da mañá

O cabeza de lista por Ourense de Galicia en Común-Anova-Mareas nestas eleccións ao Parlamento de Galicia, David Bruzos, exerceu o seu dereito ao voto no colexio electoral de Velle ás 11:00h, animando “a todo o mundo a que hoxe vaia votar e a toda a cidadanía de Ourense a que se exprese de forma maioritaria”.

 

David Bruzos depositando o seu voto.

 

Ademais, afirmou que “é un día importante que vai marcar o futuro do país nos próximos catro anos, e como dicimos, coas máximas garantías para a saúde das persoas, respectando as medidas de seguridade, pero que a xente veña a participar democraticamente, porque é importante”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close