CulturaCulturaOurenseÚltima hora

David Catá, primero premio do XV Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense

O pasado 3 de xullo, en Ourense, o artista David Rodríguez Casas foi o gañador coa súa obra “Piano” do XV Certame de Artes Plásticas que convocou a Deputación de Ourense
Reunión do xurado do “Certame de Artes Plásticas” da Deputación de Ourense.

O Certame realizouse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, e ten como obxectivo promover e apoiar aos novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, premiando e ofertando a posibilidade de difundir as obras dos creadores máis novos, asi como destacar as capacidades dos artistas que, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, preséntanse a este concurso.

Catá foi dotado de 3 000 euros por “un traballo que inclúe fotografía e un audiovisual con música tamén composta polo mesmo autor”, características que o xurado distinguiu positivamente. O segundo galardonado, con 2 000 euros de premio, foi María del Mar Ramón Soriano, cunha obra realizada en cerámica que ten por nome “S/T incompatibles”. David Fidalgo Omil quedou en terceiro lugar, coa súa obra “Los dinosaurios nunca se extinguieron”, obra cunha forte carga irónica pola que obtivo 1 000 euros.

Asemade, este certame conta con dous áccesits de 500 euros, que recibiron Sol Mussa Juane e María García Fernández polos seus traballos “Pintura cubrinte ” e “Erosión deplegada. La erosión construye montañas”, respectivamente.

Este ano o xurado, composto por Paula Cabaleiro Comesaña, Ángel Cerviño López, Juan Carlos Román Redondo e máis Eva Torres Rodriguez, xunto co director do centro cultural en calidade de secretario do xurado, Francisco González Bouzán, destacou o elevado nivel de calidade das obras presentadas. Setenta traballos procedentes de tódalas provincias galegas e de diferentes puntos da xeografía española, que poderán apreciarse no mes de setembro nunha exposición na Deputación de Ourense.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button