DeportesFútbolÚltima hora

David Ferreiro, veciño de Baños de Molgas e xogador da SD Huesca, asina o Libro de Honra do Concello

O deportista conseguía esta tempada o ascenso a Primeira División de Fútbol co seu equipo

David Ferreiro asinando no Libro de Honra do Concello.

 

O Concello de Baños de Molgas quixo recoñecer os logros deportivos acadados polo seu veciño David Ferreiro, que se proclamou esta tempada campión da liga da Segunda División coa SD Huesca. Desta forma acadou os ascenso á liga da Primeira División Nacional.

 

 

Así, David Ferreiro asinou no Libro de Honra do Concello. “Estamos orgullosos de que David represente o nome de Baños de Molgas polos campos da mellor liga do mundo”, afirman dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button
Close