Cun aplauso compartido, máxico e divertido finalizaba “A ópica das ilusións”, un espectáculo co que David Méndez despregaba na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco un amplo abano de trucos de ilusionismo que facían a delicida dos máis pequenos no mediodía deste 7 de setembro.
Con sorpresa, admiración e aplausos respondían cativos e maiores ante o xogo de maxia que ía desenvolvendo o ilusionista, botando man de elementos como cordas, caixas e unha mesa que se elevaban ante o abraio do público.
Non faltaba tampouco unha homenaxe especial “ao mago máis famoso da historia, que sae nos libros e no cine: Harry Potter”. Méndez vestíase coa súa capa, bufanda e gafas e, por suposto, alzaba a súa variña prodixiosa.
Malia que inicialmente estaba prevista na praza Andrés de Prada, finalmente esta actuación trasladábase á terceira planta da Casa da Xuventude, onde se desenvolvía gardando todas as medidas de seguridade fronte ao Covid. Na despedida había tamén un aplauso e un agradecemento á biblioteca por promover este tipo de iniciativas.
Fotos e vídeo: A.R.