OurenseÚltima hora

David Olivieri, novo director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial de Ourense

Tomaba posesión nesta mañá de luns, 10 de agosto, no salón de plenos do Concello

 

David Olivieri tomaba posesión nesta mañá de 10 de agosto, como novo director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense. Olivieri será o responsable da posta en marcha do novo Centro de Intelixencia Artificial do Concello en La Molinera. Este é un proxecto, asegurou Olivieri, “moi importante para a cidade, que vai ser un estímulo económico tanto para manter o talento como para atraer talento novo”.

Olivieri avanzou que desde o centro municipal “pretendemos crear novos tipos de empresas, novas startups, e tamén ser unha ponte tecnolóxica do que se desenvolve na Universidade, tanto a nivel básico como de proxectos, fronte ao sector privado”. O centro ourensán buscará tamén “captar fondos públicos das diferentes administracións e enlazar con empresas internacionais, e traer algunhas aquí”, sinalou.

 

David Olivieri xunto ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

 

Os pasos máis inmediatos serán a contratación de persoal para que desenvolvan o seu traballo en La Molinera, “definir moi ben o proxecto e ter unha comunicación cos distintos actores na sociedade” para poñer en marcha o proxecto “canto antes”.

O nomeamento de Olivieri foi aprobado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense na súa sesión do pasado xoves, 6 de agosto. David Olivieri é licenciado e doutor en Física pola University of Massachusetts, ambos títulos homologados polo Ministerio de Educación, e máster en Fotónica e Tecnoloxía do Láser pola Universidade de Vigo. É profesor contratado doutor de Linguaxes e Sistemas Informáticos no Departamento de Informática da Universidade de Vigo.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close