CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

David Pintos presenta “Nos vemos en el paraíso” na Biblioteca de Verín

Trátase da última novela deste escritor pontevedrés, na que aposta pola intriga e, novamente, pola ciencia ficción

A Biblioteca de Verín acollía na tarde do 22 de decembro a presentación da última novela do escritor David Pintos Area (Vigo, 1973). Trátase de “Nos vemos en el paraíso” (Ed. Círculo Rojo), unha obra de intriga e ciencia ficción.

Pintos é ademais autor da triloxía de ficción denominada “Taimat”, una odisea de tintes épicos e filosóficos. A saga consta dos volumes “Búsqueda” (2014), “Lucha” (2015) e “Épica” (2016). David Pintos estaba acompañado nesta presentación por Miguel Losada, secretario da Saga.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button