PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez, candidato de En Marea por Ourense, na feira da Rúa

Esta formación política contaba cun posto informativo na praza do Concello coincindindo coa feira de Fontei
David Rodríguez, con compañeiros da formación, no posto instalado na praza do Concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.
David Rodríguez, con compañeiros da formación, no posto instalado na praza do Concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

No mediodía do 7 de setembro o número dous da lista de En Marea por Ourense ás eleccións galegas, Davide Rodríguez de Manzaneda, daba un paseo pola feira mensual de Fontei (A Rúa) e participaba nun reparto de información xunto con outros candidatos da formación. Ademais instalaban un posto informativo na praza do Concello rues.

O número 2 de En Marea pola provincia, paseaba pola feira de Fontei e tamén participaba nun reparto informativo con outros membros da formación./ Foto: Carlos G. Hervella.
O número 2 de En Marea pola provincia, paseaba pola feira de Fontei e tamén participaba nun reparto informativo con outros membros da formación./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pola tarde, Davide Rodríguez, ata hai pouco alcalde de Manzaneda, ten previsto achegarse ata a localidade de San Vicente (Vilamartín de Valdeorras), onde tamén se encontrará co ex deputado no Congreso, David Bruzos.

Artigos relacionados

Back to top button