PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez (En Marea) pedirá no Parlamento que se garanta o servizo de pediatría en Trives

Acaba de rexistrar na Cámara galega, xunto ás tamén deputadas Eva Solla Fernández e Paula Vázquez Verao, unha proposición de lei sobre este tema para o seu debate en pleno
O deputado de En Marea Davide Rodríguez, no Parlamento galego.

O deputado Davide Rodríguez vén de presentar no Parlamento de Galicia, xunto ás súas compañeiras Eva Solla e Paula Vázquez do grupo parlamentario de En Marea, unha proposición non de lei para o seu debate en pleno sobre o servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Trives.

No texto da moción explican que “nos Centros de Saúde de Pobra de Trives, Manzaneda ou San Xoán de Río adoitan darse dificultades coa atención, derivadas dos recortes levados a cabo polas políticas do Partido Popular” a matiza que “o servizo de pediatría de Pobra de Trives, servizo que funciona só dúas horas a semana, unha hora o martes e outra hora o xoves, leva dous meses sen atender, ao estar a titular da praza de baixa, deixando as nenas e nenos da Comarca de Trives nunha situación de desatención vergoñenta”.

Desde En Marea, engaden os deputados, “defendemos o respecto e a atención á cidadanía independentemente de onde residan así como o dereito das persoas a permanecer nos seus domicilios, no seu entorno, se así o desexan, todo o tempo que poidan. O rural precisa recursos e garantías de atención”.

Neste senso, a través desta iniciativa piden ao Parlamento de Galicia que inste á Xunta de Galicia a “garantir o servizo de pediatría no Centro de Saúde de Pobra de Trives, restablecendo este nos días e horas nos que viña prestando atención, para poder ter así, os seus nenos e nenas, o dereito máis básico: o dereito á saúde”.

Artigos relacionados

Back to top button