PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez (En Marea) pide no Parlamento galego axudas para os afectados polo pedrazo na Limia

Vén de presentar, xunto con outros deputados autonómicos da formación, unha Proposición non de lei para esixir solucións para os agricultores damnificados de Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio
O deputado Davide Rodríguez, no Parlamento galego.

 

Despois de visitar o xullo de xullo as zonas afectadas polo pedrazo na Limia, o voceiro de En Marea Luis Villares, xunto cos deputados Davide Rodriguez, Paula Quinteiro e Ánxeles Cuña, veñen de presentar no Parlamento galego unha Proposición non de Lei na que esixen á Consellería de Medio Rural que garanta aos produtores “condicións dignas e adaptadas á realidade galega para seguir traballando as terras con garantía de continuidade”.

Con respecto a esta mesma problemática, En Marea xa rexistrara unha Proposición non de lei (PNL) con data do 21 de xuño onde, o deputado Davide Rodriguez de Manzaneda xa aseguraba que “o goberno galego ten a obriga de compensar os danos ocasionados, que poderían ter estado cubertos de ter feito a Administración os deberes no tocante a seguros anos atrás, e non amosando a súa inoperancia e pasividade nesta materia”.

 

Visita de deputados de En Marea a unha das zonas ourensás afectadas polo pedrazo.

 

Naquela PNL, entre outros puntos, se instaba á Xunta de Galicia ao fomento da contratación para a xente nova, con incorporación á actividade agraria nos dous anos anteriores, que se eliminase o sistema de recargas nos sinistros por adversidades climáticas, dado que a persoa asegurada non é responsable dos danos, etc.

Desta volta, desde En Marea ínstase “a facer unha avaliación precisa e cuantificable dos danos provocados, con información aberta e transparente; a crear unha liña de axudas directas para garantir a liquidez das persoas afectadas e compensar as perdas, negociando moratorias nos créditos xa subscritos con entidades bancarias e a condonar as cotas á Seguridade Social, como mínimo durante 6 meses e rebaixar o IRPF ás/ós labregas/os afectadas/os”.

Artigos relacionados

Back to top button