PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez (En Marea) pregunta no Parlamento galego sobre a retirada do helicóptero de Vilanova

Este deputado vén de rexistrar, xunto a tamén parlamentaria Paula Quinteiro, unha pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7ª
Davide Rodríguez, de Manzaneda, no Parlamento galego./ Foto: Carlos G. Hervella.

A decisión de retirar o helicóptero contraincendios que operaba na base de Vilanova (O Barco) deixa “ao descuberto e en perigo a un Distrito coma o XIII, cunha das orografías máis complexas de todo o país”. Así o destacan na pregunta que veñen de presentar o 11 de xullo, para a súa resposta oral na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, os deputados de En Marea Davide Rodríguez e Paula Quinteiro.

No texto tamén apuntan que neste distrito “atópanse lugares cunha importancia ecolóxica e forestal moi elevada”, como é o caso do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá), o Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras) ou encraves como o Macizo Central Ourensán. “Trátase dunha comarca que ten case todo o seu territorio incluído entre as zonas de alto risco forestal (ZAR), segundo a clasificación da Consellería do Medio Rural. Non entendemos como, despois de investir milleiros de euros nela, unha base contraincendios nunha zona destas características permaneza pechada a día de hoxe e cuxa utilidade no futuro parece que vai ser unicamente a de servir de respostaxe para helicópteros doutras bases”, din dende En Marea.

Nese senso, David Rodríguez e Paula Quinteiro preguntarán na Cámara galega “que causas xustifican a retirada do helicóptero da base de Vilanova, no Barco” e, “de tratarse dunha decisión temporal, cando se prevé que volva estar operativo”.

Artigos relacionados

Back to top button