PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez leva ao Parlamento galego o novo pintado da liña continua na OU-636

Este deputado de En Marea vén de presentar unha proposición non de lei na que se pide que se inclúa na obra de mellora do trazado da estrada o repintado do tramo entre Freixido e Trives “para que quede na mesma situación na que se atopaba antigamente”
O deputado Davide Rodríguez, de En Marea, no Parlamento galego.

Os deputados do grupo parlamentario de En Marea Davide Rodríguez Estévez, Marcos Cal Ogando e Antón Sánchez García veñen de rexistrar no Parlamento galego unha proposición non de lei para o seu debate en pleno sobre o estado da estrada OU-636 entre a Pobra de Trives e Freixido.

No texto da proposición os parlamentarios sinalan que a estrada OU-636, da cal é titular a Xunta de Galicia, ten entre Trives e Freixido “unha distancia de 21,5 km nun trazado de curvas continuas pero que fai uns meses deixaba a opción ao adiantamento entre vehículos en rectas con total seguridade para os usuarios da mesma”.

Ademais os deputados din que “tanto dende o Grupo Parlamentar de En Marea, como dende o Concello de Manzaneda, denunciamos que dende fai dous meses, realizouse un pintado novo desta estrada, que fixo a Consellería de Infraestruturas, o que mudou a realidade do vial, quitando esas zonas de adiantamento e substituíndo estas por liñas continuas, o que fai que, dende Freixido a Pobra de Trives, atopamos a primeira zona para adiantar aos 12 km, e en total, estas zonas de adiantamento na totalidade do trazado son 3, o que fai, sumado á dificultade da estrada, que se fagan colas de ata 30 coches detrás dun vehículo pesado e con traxectos de máis de 40 minutos”.

Por este motivo En Marea presenta pide nesta proposición non de lei que o Parlamento de Galicia inste a Xunta á “incluír na obra de mellora do trazado e o deseño da estrada que a Xunta de Galicia ten para esta estrada, o repintado da mesma para que quede na mesma situación que se atopaba antigamente”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close