PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez (En Marea): “a Comisión de estudo contra incendios nace viciada”

O deputado galego referíase deste xeito ao acordo entre PP e PSdeG para deixar fóra da citaca comisión a En Marea

O deputado Davide Rodríguez de En Marea, intervindo en comisión, no Parlamento de Galicia.

De “lamentable” cualifica o deputado Davide Rodríguez o acordo entre a “a primeira e a terceira forza con representación parlamentaria na Cámara galega, PPdeG e PSdeG” para deixar a En Marea fóra da Mesa da Comisión especial de estudo e análise das reformas de política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais.

“Estamos tristes porque esta comisión xa nace viciada ao excluír da mesa á primeira forza da oposición de Galicia”, resaltaba Davide Rodríguez, quen antes da votación pedira chegar a un acordo para que todos os grupos parlamentarios tiveran representación nunha comisión na que “non só se vai falar de lumes, pois temos que ampliar o marco e chegar a consensos sobre ordenación do territorio e acadar un gran pacto de país”.

En opinión de Davide Rodríguez, a En Marea corresponderíalle a vicepresidencia da Mesa e plantexou como alternativa unha composición rotatoria para que todas as voces da oposición fosen representadas nesta Comisión especial de estudo. “O PpdeG e o PsdeG trouxeron isto aquí totalmente pactado para excluír ao resto de forzas, incluída a segunda forza que hai hoxe no hemiciclo”, sinala Rodríguez.

Preguntado pola prensa sobre as razóns deste pacto PPdeG-PSdeG, Davide Rodríguez respondía que “serán eles os que teñan que dar explicacións á cidadanía” e lamentou ter que marchar “defraudados” trala constitución dunha comisión “que era unha gran oportunidade para comezar a poñerlle freo á lacras dos incendios e desenvolver un tecido produtivo que manteña vivo o rural”.

Artigos relacionados

Back to top button