PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez (En Marea) leva ao Parlamento galego a prevencion de riscos no Invernadoiro

Preguntará no pleno da Cámara galega se existe “realmente un Plan de Emerxencias e Evacuación específico para este espazo natural ourensán
O deputado Davide Rodríguez, de Manzaneda, no Parlamento.

O deputado autonómico de En Marea, Davide Rodríguez de Manzaneda, vén de presentar á Mesa do Parlamento galego unha pregunta para a súa resposta oral en pleno e unha proposición non de lei sobre “incumprimentos graves en materia de prevención de riscos laborais e seguridade no Parque Natural do Invernadoiro”, na provincia de Ourense.

No texto da proposición non de lei apunta que se observan “incumprimentos moi grave en materia de prevencións de riscos laborais e seguridade” e que “dende o apagón analóxico en decembro de 2016, o persoal e usuarios/as do Parque Natural do Invernadoiro están totalmente incomunicados (non hai emisora nin cobertura móbil), situación que se mantén a día de hoxe. Non se respectan as medidas preventivas mínimas que garantan a seguridade e saúde e a vida das persoas”.

Tamén asegura nesta iniciatia que “non existe Plan de Emerxencias e Evacuación e a Avaliación de Riscos co plan preventivo, e de existir, é descoñecido polos traballadores/as do parque”. Ante esta situación En Marea preguntará no pleno do Parlamento se “existe realmente un Plan de Emerxencias e Evacuación específico para o Parque Natural do Invernadoiro”.

Ademais esta formación política insta na súa proposición non de lei á Xunta de Galicia a “dotar dun plan de emerxencias evacuación” a este espazo natural, así como a “dar formación específica aos traballadores do parque para levar a cabo un plan de emerxencia”. Tamén se pide o arranxo dos “problemas de cobertura móbil e dotar aos traballadores do parque de emisoras para desempeñar os seus labores de vixía e custodia do territorio”.

Artigos relacionados

Back to top button