PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez (En Marea) pide que os parques comarcais galegos de bombeiros sexan públicos

Esta formación política levará estas reivindicacións ao Parlamento galego, onde presentará diversas iniciativas
O deputado autonómico Davide Rodríguez (En Marea), intervindo na rolda de prensa no Carballiño.

Na mañá do 28 de febreiro os deputados galegos de En Marea Davide Rodríguez e Paula Quinteiro, comparecían en rolda de prensa no Carballiño xunto ao portavoz comarcal de En Marea, Manuel Nogueira, para pedirlle á Deputación de Ourense que “devolva o servizo de prevención e extinción de incendios do distrito de O Carballiño á xestión pública”.

O deputado de En Marea Davide Rodríguez aseguraba que “a política de incendios da Xunta é unha burla”, especialmente no distrito 11, de O Carballiño, moi afectado polos lumes. Rodríguez esixe que “os parques comarcais galegos sexan de xestión públlica 100%, que se fagan unhas probas de acceso nas que se establezan uns requisitos mínimos e con total transparencia”.

Para conseguir estes obxectivos, En Marea levará estas reclamacións ao Parlamento de Galicia, onde presentará iniciativas encamiñadas a que os traballos de prevención e extinción de incendios deixen de estar en mans de empresas privadas.

Neste senso, a deputada Paula Quinteiro apuntou que “nada disto sería así se os servizos fosen 100% públicos” e que “non ten sentido que a Xunta siga beneficiando de maneira recurrente empresas privadas que usan este tipo de métodos que deberían estar desterrados”. Quinteiro sinala que dende En Marea “trasladaremos estas reivindicacións e esperamos que a Xunta e a Deputación de Ourense tomen medidas e rectifiquen”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close