PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez e Paula Quinteiro piden no Parlamento galego unha avalación polos danos do pedrazo en Ourense

Os parlamentarios de En Marea veñen de presentar unha unha proposión non de lei sobre esta cuestión para o seu debate en pleno na cámara galega
O deputado Davide Rodríguez, no Parlamento galego./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras as recentes saraibadas que causaban serios danos en sectores como o do viño na provincia de Ourense, os deputados de En Marea Davide Rodríguez, de Manzaneda, e Paula Quinteiro veñen de presentar no Parlamento galego unha proposión non de lei para o seu debate en pleno pedindo de forma urxente a avalación dos efectos causados polo pedrazo.

En concreto no texto da proposición solcítase que o Parlamento galego inste á Xunta de Galicia a “facer unha avaliación e cuantificación precisa dos danos provocados polo pedrazo nos cultivos agrarios e gandeiros; e informar de maneira aberta e transparente ao respecto”.

Tamén se pide que se determine que “porcentaxe de cultivos arrasados non están cubertos por seguros agrarios e crear unha liña de axudas directas para garantir a liquidez das persoas afectadas e compensar as perdas”.

Como “xa solicitamos en ocasións anteriores por situacións similares, esixímoslle á Consellaría de Medio Rural que garanta ás nosas produtoras e produtores unhas colleitas dignas en calidade e cantidade para asegurar a continuidade da actividade viticultora nunha bisbarra onde ten unha importante tradición e un peso económico fundamental”, aseguran os deputados no texto presentado.

Artigos relacionados

Back to top button