PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez e Paula Quinteiro preguntan sobre o dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais

Os deputados de En Marea rexistraron unha serie de preguntas para a súa resposta oral na Comisión 7ª do Parlamento galego
O deputado Davide Rodríguez, durante unha intervención no Parlamento de Galicia.

Tras presentar en xuño, xunto co voceiro de En Marea Luís Villares o decálogo urxente de medidas para loitar contra os incendios forestais, os deputados Davide Rodríguez e Paula Quinteiro do grupo parlamentar de En Marea veñen de rexistrar unha serie de preguntas sobre o dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais.

Estas actuacións veñen motivadas pola actividade incendiaria en Galiza, ao ser a máis alta de todo o territorio nacional: Ata o ano 2005 houbo ao redor de 10.000 incendios, cunha superficie media afectada por incendio de 2,7 ha. (o que segundo sinala Rodríguez, demostra a altísima eficiencia do dispositivo público). A partir dese ano, a actividade incendiaria redúcese, pero curiosamente aumenta a superficie queimada por lume.

“O peso do SPDCIF no dispositivo total”, como sinalan os deputados “é incuestionable”. Rozando o 82% do total do dispositivo nos peores anos incendiarios de Galiza, “actualmente viuse diminuído ata o 40%, o que demostra que a atomización do dispositivo redunda nunha peor eficacia do mesmo. Do mesmo xeito, tamén inflúen a evolución climática, a diminución da capacidade de extinción dos medios aéreos ou a redución da capacidade de vixilancia ao pecharse máis do 50% dos puntos de vixilancia, deixando moitas veces que sexa o 085 o único elemento de información sobre lumes para o dispositivo”.

Tras esta perda de eficacia do dispositivo Davide Rodríguez e Paula Quinteiro cuestionarán no Parlamento unha serie de puntos vencellados cos incendios forestais como “a perda de efectivos do SPDCIF en detrimento de empresas privadas, a posibilidade de abrir novas casetas de vixilancia e volver a introducir brigadas de vixilancia móbiles no servizo”

Do mesmo xeito, preguntarán sobre a creación dunha mesa de análise para estudar a nova tipoloxía de lumes, a elaboración dun protocolo preciso de actuación fronte a este tipo de lumes ou o fomento da formación específica para bombeiros forestais ante as multiemerxencias de diverso tipo citadas.

Outro dos puntos nos que fan incidencia é na posibilidade de aumentar a contratación dos traballadores de 3 a 9 meses, favorecendo unha contratación digna e apostando pola prevención máis que pola extinción de incendios.

Artigos relacionados

Back to top button