PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez pide no Parlamento galego a creación dunha área recreativa na OU-636 entre Trives e Freixido

Presentaba, xunto outros dous deputados do grupo parlamentario de En Marea, unha proposición non de lei sobre esta cuestión para o seu debate na Comisión 2ª da Cámara galega
O deputado de En Marea, Davide Rodríguez, no Parlamento galego.

 

O grupo parlamenario de En Marea no Parlamento de Galicia vén presentar a través dos seus deputados Davide Rodríguez, Antón Sánchez e Marcos Cal; unha proposición non de lei pedindo a creación dunha área recreativa no punto quilométrico 12,2 da estrada OU-636 entre A Pobra de Trives e Freixido. Esta iniciativa será debatida na Comisión 2ª do Parlamento galego.

Na exposición de motivos desta proposición, os deputados de En Marea lembran que a Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos se acordaba por unanimidade a finais de novembro a PNC presentada polo PP sobre o inicio pola Xunta da redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento de trazado da estrada OU-636 (entre Freixido e A Pobra de Trives), co obxectivo de que poida estar redactado e aprobado no ano 2019 para, a continuación, seguir coa tramitación necesaria para a execución das obras.

“Certo é, que esta estrada presenta eivas importantes no que atinxe o trazado e firme da mesma. Dende En Marea, gustaríanos aproveitar esta situación para solicitar, que se inclúa na redacción de dito proxecto a construción dunha area recreativa e punto de vista pintoresca no mesmo. No punto quilométrico 12,2, existe un anaco de estrada antiga que se adaptaría a demanda solicitada”, explican os parlamentarios.

Ademais destacan que “os estímulos que se transmiten” dende ese lugar “son dunha sensación de singularidade incribles. Podemos observar dende a zona e ao mesmo tempo: o canón do Rio Bibei, espectacular tanto pola abruptocidade que posúe como polo desnivel que salva dende o seu nacemento a súa desembocadura, sumándolle a aparición dunha gran variedade de ecosistemas que se reflexa na existencia de una flora fortemente contrastada debido os climas mediterráneo e continental o que está sometido. Os bancais de viñedos, unha das formas interesantes de cultivo vitícolas que esculpen e decoran as pendentes sobre o Bibei, ofrecendo un admirable exemplo da perseverancia secular das xeracións labregas. O fantástico enclave da serra de Manzaneda e a única estación de esquí de Galicia”.

Nese senso, na súa proposición non de lei solicitan que o Parlamento de Galicia inste a Xunta a “incluír na redacción do proxecto de mellora e acondicionamento de trazado da estrada OU-636 entre Freixido e A Pobra de Trives a construción dunha area recreativa e punto de vista pintoresca no mesmo” e que se dexie “unha partida orzamentaria para a execución da mesma”.

Artigos relacionados

Back to top button