PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez pide no Parlamento galego melloras nas condicións de traballo dos empregados de Seaga

Este deputado autonómico de En Marea vén de presentar, xunto a Paula Quinteiro, na Cámara galega unha proposición non de lei para o seu debate en pleno
O deputado de En Marea Davide Rodríguez, intervindo no pleno do Parlamento galego.

Nun dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais conviven diversos actores, “pero á hora do ataque directo na primeira liña de lume atópase o persoal que dirixe as tarefas (axentes e técnicos fundamentalmente) e o persoal que se enfronta ás lapas: brigadas contratadas directamente pola Consellería de Medio Rural e brigadas contratadas a través da empresa pública Seaga”. Así o explican os deputados de En Marea, Davide Rodríguez de Manzaneda e Paula Quinteiro na proposición non de lei que veñen de rexistrar na Mesa do Parlamento para o seu debate en pleno. Nela piden unha serie de melloras nas condicións de traballo dos empregados de Seaga.

Explican que “non existe diferenza ningunha entre estes dous tipos de traballadores e traballadoras á hora da extinción dos lumes forestais, están baixo o mesmo mando e actúan conxuntamente. Pero si existen varias diferenzas previas posteriores”, entre elas que “o persoal contratado directamente pola Consellería está incluído no V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, mentres que o persoal contratado a través de Seaga non ten convenio nin se lle aplica o V Convenio. Aplícaselle o Estatuto dos Traballadores excepto, curiosamente cando se trata de reducir o salario pola aplicación dos recortes salariais aos empregados públicos”.

Rodríguez e Quinteiro entenden que os traballadores de Seaga “realizan as mesmas funcións que os seus compañeiros-as do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais (SPDCIF), pero cobran menos, teñen menos dereitos, teñen contratos de menor duración, teñen que realizar tarefas de prevención e extinción na mesma xornada e ademais non se lles recoñece o tempo traballado”.

Neste senso, nesta iniciativa piden que o Parlamento inste á Xunta de Galicia a “aplicar o V Convenio Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia ao persoal de Seaga, á ampliación dos contratos a 9 meses, o mesmo que os das compañeiras-os contratados directamente pola Consellería, á eliminación do protocolo que obriga a realizar tarefas de prevención e extinción durante os meses de alto risco de incendios forestais e ao recoñecemento do tempo traballado en Seaga á hora de acceder ás listas de
contratación da Xunta de Galicia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close