PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez pregunta no Parlamento sobre a liña eléctrica Trives-Aparecida

O deputado autonómico de En Marea por Ourense presentaba unha pregunta para a súa resposta oral en Comisión sobre a retirada da liña de media tensión propiedade de REE que cruza o Macizo Central
O deputado autonómico de En Marea por Ourense, Davide Rodríguez.

O grupo de En Marea no Parlamento galego vén de presentar o 27 de decembro unha pregunta para a súa contestación oral en Comisión sobre a “necesidade de que Red Eléctrica de España desmonte a liña aérea de transporte de enerxía eléctrica, a 220 kV, simple circuíto, Trives-Aparecida no seu tramo Conso-Frieiras”. A pregunta está asinada polo deputado ourensán Davide Rodríguez, así como polos parlamentarios Francisco Casal e Juan José Merlo Lorenzo.

No plantexamento da pregunta exponse que en 2009 Rede Eléctrica de España SA, argumentando a necesidade de alimentar “electricamente o futuro tres de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid-Zamora-Ourense-Vigo, ademais de indicar a mellora da seguridade e calidade de subministración en Galicia e Castela e León e posibilitar a exportación da crecente produción de orixe eólica”, procedeuse á instalación da liña “aérea de transporte de enerxía eléctrica a 400 kV, dobre circuíto para conectar as subestacións de Trives (Ourense) e Aparecida (Zamora)”.

Tamén se lembra que nese mesmo ano 2009 a citada empresa eléctrica comprometíase a “retirar a liña aérea de transporte de enerxía eléctrica, a 220 kV, simple circuíto, situada entre Trives e Aparecida (Ourense e Zamora), unha vez que estivese en funcionamento a liña aérea de transporte de enerxía eléctrica, a 400 kV, dobre circuíto, que conectaría as subestacións de Trives e Aparecida, e cuxo trazado discorre parcialmente polo municipio de Manzaneda”.

Neste senso, os deputados de En Marea sinalan no texto da pregunta que ese compromiso “non se cumpriu e actualmente están en funcionamento, dende hai dous anos, e discorren polo municipio, unha liña de 400 kV (simple circuíto) e a antiga liña de 220 kV”. Como consecuencia disto, engaden, “os veciños/as de Manzaneda, entre outros, teñen que soportar, sete anos despois, dúas liñas de alta tensión ao seu paso por este municipio”.

Por este motivo En Marea plantexa varias preguntas no Parlamento pedindo explicacións sobre por qué Red Eléctrica España “non cumpríu o seu compromiso” e preguntando se o goberno galego coñecía esta situación, entre outras cuestións.

Artigos relacionados

Back to top button