PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez solicita no Parlamento galego que se faga un “estudo real” das perdas na colleita da castaña

Este deputado de En Marea rexistraba, xunto aos seus compañeiros de grupo parlamentario Antón Sánchez e Paula Quinteiro, unha proposición non de lei sobre a perda de produción nesta campaña para o seu debate en pleno
Souto de castiñeiros./ Foto: Carlos G. Hervella.

A produción de castaña supón un complemento importante para as economías rurais na Galicia interior e ante a “redución de produto” polas “inclemencias meteorolóxicas e pola vespa do castiñeiro”, dende o grupo parlamentario de En Marea vén de rexistrarse na Cámara galega unha proposición non de lei para o seu debate en pleno. Era presentada polos deputados Davide Rodríguez, Antón Sánchez e Paula Quinteiro.

Nela pídese que a Consellería do Medio Rural faga “un estudo real das perdas producidas este ano”,  “manter unha xuntanza coas organizacións agrarias, así como con representantes da IXP Castaña de Galicia e con produtoras, empresas transformadoras e comercializadoras para avaliar os danos e fixar cantidades a indemnizar, así como, e debido a situación de excepcionalidade na que se atopan os/as produtores/as, transformadores/as e comercializadores/as de castaña, habilitar unha liña de axudas específicas para paliar as enormes perdas sufridas na última campaña”.

Nesta proposición non de lei En Marea indica que xa advertiu “no seu momento que non se estaba a facer o suficiente na loita contra a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), e así se viu cando fai uns meses se aprobou nesta Comisión unha PNL idéntica a que En Marea trouxo facía meses onde se instaba o ministerio á solta masiva de Torymus sinensis para facerlle fronte á praga”.

Ademais En Marea lembra que tamén “puxemos en dúbida dende o primeiro momento a liña de axudas que a Xunta de Galicia estaba a sacar para paliar os danos polas inclemencias meteorolóxicas. Liña de axudas que fuxiron da realidade que estamos a padecer produtoras e produtores, así como gandeiras/os ou labregas/os. A día de hoxe temos constancia de que solicitaron estas axudas sobre un 1´5% das explotacións totais da Galiza”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close