En portadaÚltima hora

As DDOO Valdeorras, Monterrei e Ribeiro solicitan formalmente a declaración de zona catrastrófica

Presentaban na mañá do luns 15 de maio a solicitude ante o Goberno Central e ante a Xunta de Galicia
Viñedos ourensáns danados polas xeadas./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os consellos reguladores de tres denominacións de orixe ourensás, as de Valdeorras, Monterrei e Ribeiro, veñen de solicitar formamente na mañá do 15 de maio ante o Goberno Central e a Xunta de Galicia, a solicitude de declaración de zona catastrófica (actualmente denominada zona de emerxencia), para os seus territorios amparados.

“Esta petición realízase logo das xeadas rexistradas os pasados 26 e 27 de abril nestas zonas vitivinícolas, que afectaron a un 55% dos cultivos de vide no Ribeiro, a un 63% dos de Valdeorras e a un 75% dos de Monterrei (tal e como se expón nos informes técnicos remitidos ao Goberno Central e á Xunta)”, segundo se acaba de facer público a través dunha nota de prensa conxunta dos tres consellos reguladores.

As tres denominacións de orixe unidas “non só instan a proceder á declaración de zona catastrófica nos seus territorios, senón que tamén solicitan liñas de axudas para os viticultores e para as adegas amparadas baixo os seus selos de calidade”, citando de novo ao comunicado.

Artigos relacionados

Back to top button