Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

De casa en casa, contando a historia da vila barquense

As Xuventudes Socialistas do Barco organizaban o 4 de setembro unha “Andaina histórica”

O Porto da Barca, lugar de referencia no nacemento do Barco, partía a “Andaina histórica” pola vila que na tarde de 4 de setembro promovían as Xuventudes Socialistas do Barco. No traxecto ían explicándose as singularidades históricas de cada un dos recunchos máis significativos desta localidade, facendo un percorrido no que, tras deixar o Porto da Barca, se ían detendo en antigas edificacións, entre elas a Casa Grande de Viloira. A ruta concluía na praza do Concello, onde se lembraba aos políticos da historia barquense.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button