ConcellosÚltima hora

De celebración na residencia de Valdegodos

Festa dos Milagros, o 8 de setembro
Detalle do exterior da residencia de Valdegodos. /Foto: Carlos G. Hervella.
Detalle do exterior da residencia de Valdegodos. /Foto: Carlos G. Hervella.

A residencia Nosa Señora dos Milagros que a Fundación Valdegodos ten na rúa Manuel Pérez Barreiro, en Vilamartín de Valdeorras, vestirase de gala o vindeiro luns 8 de setembro para celebrar a súa festa.

Trátase da celebración na honra á Virxe dos Milagros que se desenvolverá ao longo de todo o día para os residentes así como familiares e convidados, “chegamos a triplicar o número de residentes” explica o párroco Eladio Álvarez. El mesmo explica que pola mañá haberá dúas eucaristías, unha ás 10h. e outra, a grande, xa pasado o mediodía, despois da procesión polo centro prevista para as 12h. que contará co misionero Aurelio Sanjuan como predicador.

Pola tarde, haberá baile a cargo dunha charanga.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button