EconomíaEconomía

De elaboración ourensá

Cata de tres tipos de cervexa artesá Keltius, no Bar Triskel
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Numerosas persoas que participaron na “Festa-presentación da cervexa artesá Keltius”, que se celebraba na tarde do 7 de decembro no Bar Triskel do Barco.

Era a primeira degustación deste tipo que se organizaba en Valdeorras e nela puideron degustarse, acompañadas por diferentes tipos de pinchos, as cervexas que elabora esta fábrica ourensá: as Keltius Mosteiro, Miño e Trasno.

Son tres propostas diferentes, pero que comparten varias características. “Nós facemos un estilo moi belga e as tres levan esa liña, tanto polo tipo de levaduras que utilizamos como polos ingredientes. Outra peculiaridade é que temos uns equipos, que penso que deben ser únicos en España, nos que usamos fermentadores con menos caída que o resto de fábricas, que é tamén unha referencia do estilo belga. E fermentamos a temperaturas bastante altas, en torno a cinco graos máis que o resto das fábricas”, aseguraba o responsable de Keltius, Alberto Gómez, que se ocupou de realizar a presentación.

A boa resposta do público ante esta cata de cervexas artesás fai que o Bar Triskel estea a preparar máis iniciativas deste tipo.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(A reportaxe íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button